VISITAS  

Hoxe36
Onte475
Esta semana2432
Este mes6231
Total742732

A tua IP: 3.227.249.234 Info: Unknown - Unknown Sábado, 19 Outubro 2019 09:15
   

Colexio Mª Auxiliadora  

   

LOCALIZADOR PAVILLÓNS (orientativo)  

   

FEDERACIÓNS  

   

FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS  

   

PRENSA  

   

REDES SOCIAIS  

   

TV  

   

Artígos destacados

BUENOS DÍAS SALESIANOS: "UNHA RECEITA QUE ME AXUDE A COÑECERME"

Detalles

El Club Salesianos estuvo en el Colegio María Auxiliadora para dar los "buenos días" al alumnado de secundaria y bachillerato.

El título de hoy era "unha receita que me axude a coñecerme".

Enlazando el tema de hoy con lo que dominamos, el baloncesto, hemos hablado de la siguiente manera...:

"Ola.

Bos días Salesianos.

Gústame vir e falar con vos das miñas cousas, contarvos cómo vai todo polo club de baloncesto e algúns dos meus pensamentos...

Estes días estoulle a dar moitas voltas a unha situación que me ten alborotado.

Trátase do equipo benxamín feminino (nenas de 8 e 9 anos); teño un equipo fantástico, as nenas xogan moi ben e son encantadoras. Estou contento con elas, moi contento!!! A semana que vén comezamos os adestramentos de básket e hai unha nena nova no equipo, chámase Celia.

Celia nunca fixo baloncesto, aínda non aprendeu a xogar e nin sequera sabe se lle gustará a actividade... Agora ten gañas e están as súas amigas... Eso é o que conta... Hai que aproveitar!!!

Eu xa a coñezo das clases de educación física; de vez en cando, Alberto e Kike, os profes, chámanme para ensinar baloncesto en primaria e na súa clase xa estiven varias veces... Cando a vin por primeira vez pensei: "Buah! Esta nena vai ser moi boa!!! Teño que fichala para o equipo!!! Vou falar con ela e cos pais, a ver se podo convencela para que se apunte"...

As súas compañeiras de equipo xa levan varios anos en baloncesto; cando Celia empece, as primeiras semanas vai ver que as outras controlan moito e que ela non é capaz de facer todas esas cousas... Quizais pense que non é boa e iso a faga sentir mal. Pode pensar que non lle pasan o balón porque o vai perder ou porque vai fallar cando tire a canasta e, quizais, non se dea conta de que a complexidade deste xogo, ao principio, vaille dificultar, un pouco, a súa integración no equipo.

Teño algo de medo porque poida verse inferior e queira deixar o equipo xa no primeiro intre. Se soubera o potencial que ten!!! Se vira o que eu vexo!!! O ben que pode chegar a xogar...!!!

Tamén pode pasar que simplemente non lle guste; que prefira probar noutra actividade; tal vez lle guste máis o patinaxe ou o furgol... Non sei qué pasará; teño que facelo ben e mostrarlle o divertido que é xogar a baloncesto; trasmitirlle a miña paixón!!!

Se consigo enganchala, que lle guste, se vai aprendendo os conceptos e a técnica irá sentíndose segura e chegará o momento no que saque todo ese potencial que leva dentro.

Ogallá soubera todo isto!!!

Non quero presionala, non quero falarlle como se fose maior...

Entón diríalle...:

Proba todas as cousas que te chamen a atención; se che gusta esta actividade ou aquela próbaa; non quedes coa dúbida de saber cómo sería. Vai e inténtao... Tira as túas propias conclusións... Determina de primeira man: "esto si, esto non".

Se non che gusta, tampouco perdas o tempo porque os demais queiran algo para ti que ti mesma sabes que non queres. Pero antes de rexeitalo, coñéceo...

Se non sabes qué facer... Escoita o que che digo; e se non confías en min, pregúntalle a alguén que saibas que che vai dicir a verdade. E faille caso ata que ti mesma teñas a túa propia resposta. Entón decide tí.

Cando o teñas claro, cando escollas o teu camiño, sé forte, supera as críticas, trata de chegar ata onde poidas. Que non sexan outros os que che digan cáles son os teus límites; búscaos ti soa!!!

Non sei!!!

Pensa que canto máis te equivocas máis aprendes; cantas máis cousas vexas mellor entenderás o que queres e, sobre todo, poucas cousas hai que con esforzo non poidan ter solución.

Non sei!!!

Agardo que Celia escolla ben e que sexa feliz, faga o que faga...

En fin...

Grazas por escoitarme!!!

Ata pronto".

   

PATROCINADORES  

   

COLABORADORES  

   

MÁIS COLABORADORES  

   

8º TORNEO BENXAMÍN SALESIANOS VIGO Colaboracións  

colegio_salesianos
concello_de_vigo
Anpa_salesianos
Abertal
arume_catering
NB21
lostokinski
Decathlon
AMFIV
   

CLUBES DE VIGO  

   

CLUBES GALEGOS LIGAS FEB-ACB  

   

CLUBES LIGA DIA  

   

CLUBES LIGA Endesa - ACB  

   

Co apoio de:

colegio salesianos m auxiliadora   logos   Colaborador 2 CX Abertal 2   Concello Vigo deportes  Concello Vigo Igualdad   logo-deputacion   xunta de galicia

   
© Club Baloncesto Salesianos Vigo