Noticias do club
ELECCIÓNS CLUB SALESIANOS VIGO
- Detalles
- Publicado o Xoves, 30 Setembro 2021 08:38
- Visitas: 798
Estimados/as Socios e Socias:
A Xunta Directiva en funcións do Club Baloncesto Salesianos convócavos á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar na Aula Magna do colexio Salesianos, o mércores día 13 de outubro de 2021, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
1.-Explicación das contas do club e aprobación das mesmas se procede.
2.-Presentación do presuposto do novo exercicio e aprobación do mesmo se procede.
3.-Suxestións e preguntas.
Agardando a vosa participación, saudámosvos moi atentamente.
A Xunta Directiva.
Vigo, 28 de setembro de 2021
- - -
Estimados/as Socios e Socias:
A Xunta Directiva en funcións do Club Baloncesto Salesianos convócavos á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar na Aula Magna do colexio Salesianos, o mércores día 13 de outubro de 2021, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria.
ORDE DO DÍA:
1.-Constitución da mesa electoral.
2.-Votación para elexir ao Presidente do Club.
3.-Reconto de votos e proclamación do candidato elexido como novo Presidente do Club.
4.-Presentación de Presidente elexido e a nova Xunta Directiva.
5.-Suxestións e preguntas.
Agardando a vosa participación, saudámosvos moi atentamente.
A Xunta Directiva.
Vigo, 28 de setembro de 2021
- - -
ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DO CLUB BALONCESTO SALESIANOS
CALENDARIO ELECTORAL
30/09/2021. EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL. O listado de socios e socias con voz e voto poderá ser consultado a través do mail: clubdeportivo@salesianosvigo.es
01/10/2021. RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL.
02/10/2021. RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL.
03/10/2021. EXPOSICIÓN DO CENSO ELECTORAL DEFINITIVO.
04/10/2021 ao 05/10/2021. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS. Na portería do colexio Salesianos, nun sobre cerrado, en horario de 18:00 a 20:00 horas, ou a través do correo electrónico: clubdeportivo@salesianosvigo.es
05/10/2021. PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS.
06/10/2021. RECLAMACIÓNS ÁS CANDIDATURAS.
07/10/2021. PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS DEFINITIVAS.
13/10/2021. ASEMBLEA XERAL E VOTACIÓNS. Terá lugar na Aula Magna do Colexio Salesianos ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria. A votación será en horario de 19:45 a 20:00 horas.
NOTA:
CANDIDATURAS. Recordamos que segundo os estatutos do CLUB, as candidaturas son só do presidente do Club, quen elixe a súa Xunta Directiva.
Sería preferible que tódolos candidatos trouxeran preparada a súa Xunta Directiva á asemblea, para a súa ratificación por parte da mesma.