O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto activa a VII convocatoria do Curso "On Line" de iniciación á formación como árbitros e oficiais de mesa 2016-2017. Todos os interesados a introducirse nesta faceta do baloncesto poden facelo a través desta nova cita formativa, a cal se levará a cabo a través do Campus on line FGB, ferramenta estreada esta temporada e que está a dar moi bos resultados.
Este VII curso levarase a acabo entre o 1 e o 9 de febreiro, permanecendo xa aberta a posibilidade de inscrición no mesmo, debendo realizar, antes do 31 de xaneiro, o seguinte proceso previo:
Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:
1.-Realizar o pago da cota do curso (25€ inscrición xeral e 15€ para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 ("La Caixa").
2.-Envío do xustificante de pago a cursos.online@fegaba.com especificando os datos persoais do alumno.
3.-Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no "Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa-Febreiro´17.